Compostela Traballa


Novas

« volver ao listado

O 7 e 8 de outubro celebrase a primeira Feira do Emprego de Santiago de Compostela

12/07/2010
  • Organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, conta coa colaboración das entidades que integran o Pacto Local polo Emprego.
  • A participación na feira é gratuita e está dirixida a persoas desempregadas ou que buscan mellorar as súas expectativas laborais e a empresas e/ou entidades que precisen incorporar persoal.
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel, presentaron a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, que se celebrará o 7 e 8 de outubro no CERSIA, o Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apio á Empresa, situado en San Lázaro. A súa fianlidade é servir de punto de encontro entre as empresas ofertantes de emprego e as persoas demandantes de postos de traballo. Preténdese así posiblitar un intercambio de información, contribuir a un mellor coñecemento do mercado laboral por parte de todos os axentes implicados e, en definitiva, facilitar os procesos de inserción laboral. Para a consecución destes obxectivos:
  • facilitarase o contacto entre empregadores/as e demandantes de emprego.
  • transmitirase información sobre os perfis e competencias profesionais con máis demanda no mercado.
  • proporcionarase asesoramento sobre os procesos de búsqueda de emprego.
  • difundiranse ofertas de emprego.
  • facilitaranse os procesos de selección en base a un traballo previo de intermediación laboral.
  • informarase sobre as axudas á contratación, especialmente daqueles colectivos com maiores dificultades de inserción.
  • crearanse liñas de actuación conxuntas entre empresas e entidades comprometidas com fomento do emprego.

Enmarcada no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela (PLE), a I Feira do emprego está organizada pola concellaría de Promoción Económica e Emprego, e conta coa colaboración das entidades que integran o PLE. A feira está dirixida a persoas desempregadas ou que procuren unha mellora do emprego, residentes en Santiago de Compostela, e a empresas que precisen incorporar persoal. As persoas e entidades interesadas en participar, poden informarse e inscribirse no espazo web da feira www.feiradoempregosantiago.org , á que se accede a través de www.maiscompostela.org. A participación é gratuíta.

Área de demandantes

As persoas desempregadas ou que busquen mellorar as súas expectativas laborais poden inscribirse na I Feria do Emprego cumprimentando o formulario que atoparán en www.feiradoempregosantiago.org, no apartado Área de demandantes. Pídense datos como nome e apelidos, teléfono, correo electrónico, situación laboral, ocupacións nas que lle gustaría traballar e curriculum. Estes datos serán filtrados e cotexados coas demandas das empresas (sempre seguindo a normativa vixente de confidencialidade) por persoal do Servizo de Intermediación Laboral, pertencente á organización, que seleccionará as ofertas de emprego que máis se adecúen ao perfil da/o solicitante. Nas dúas semanas previas á I Feira de Emprego, a organización porase en contacto coas persoas interesadas para indicarlles a data e hora data e hora/s da/s entrevista/s concertada/s coas empresas ofertantes.

Área de empresas

O obxectivo da I Feira do Emprego é facilitarlle ás empresas candidatos axeitados aos perfís que demandan. A participación é gratuíta e garante a comodidade, axilidade e eficacia dos procesos de selección. Durante a feira, a empresa e/ou entidade terá á súa disposición:

  • stand amoblado no que expor información como actividades, programas de emprego e prácticas.
  • espazo acondicionado para a realización de entrevistas individuais cos/coas candidatos/as preseleccionados/as.
  • presentación e publicidade da empresa nas xornadas, na páxina web da I Feira do Emprego e en todos os documentos promocionais.
  • secretaría técnica da organización da feira que se encargará da loxística, asesoramento e atención á empresa.
  • servizo de intermediación laboral que realizará a preselección de candidatos-as atendendo aos perfís e competencias profesionais que requira a empresa.

As empresas interesadas en participar, poden inscribirse cumprimentando o formulario que atoparán en www.feiradoempregosantiago.org, no apartado Área de empresas. Pídense datos como nome da empresa e/ou entidade, nome e apelidos da persoa encargada da tramitación, cargo, teléfono, correo electrónico e postos solicitados. Unha vez enviado o formulario, a organización contactará coa empresa para concretar os detalles do proceso.

Actividades

A I Feira do Emprego contará cunha zona para conferencias, mesas redondas e obradoiros, na que está previsto abordar aspectos como as novas tecnoloxías e as redes sociais na búsqueda de emprego, competencias clave para desenvolvemento profesional, as ferramentas e técnicas avanzadas nos procesos de selección, a elaboración de curriculum e preparación de emptrevistas, as bolsas e prácticas profesionais como inicio da carreira profesional, os servizos locais de emprego:intermediación laboral, a responsabilidade social empresarial, e os sectores extratéxicos a nivel local para o fomento do emprego.