A través deste programa de formación e inserción laboral impartiranse, este ano, os cursos de Electricista de edificios, Fontanaría e Instalador/a de gas.
120 persoas, divididas en dúas quendas de 60, participan no programa de inserción laboral Proxecto Persoa IV. Neste momento estase desenvolvendo a segunda quenda. Na primeira, que rematou a finais de 2009, acadouse unha porcentaxe de inserción laboral do 45%.
O programa Equipo de obras e emprego Urbana Santiago Norte ten como obxectivo facilitar a inserción laboral de 45 persoas desempregadas.
Este proxecto forma parte do programa europeo Leonardo da Vinci. O seu obxectivo é establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente ao/á coidador/a familiar e favorecer así a súa inserción laboral.
O proxecto Women, Enterprise, Employment in Local Development (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local) enmárcase no proxecto URBACT II, e ten por principal obxectivo o de estudar propostas para mellorar a situación das mulleres no mercado local de emprego, na economía cognitiva e na actividade emprendedora. Estas propostas estúdanse a través dos Grupos de Acción Local constituídos en cada unha das cidades participantes.
50 das 100 persoas que participaron no programa de inserción laboral Proxecto Crear VI accederon ao mercado laboral. Esta cifra representa o 50% do total.