Se desexas poñer en marcha unha iniciativa de autoemprego contacta co Servizo de Apoio á Empresa. Este servizo pon a disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento e consolidación dos seus negocios. Os programas e accións vinculadas ao SAE cubren as diferentres etapas polas que pasa unha persoa emprendedora desde que ten unha idea de negocio, ata que a empresa está consolidada.