O Servizo Local de Emprego concíbese coma un espazo integrador das distintas políticas activas e actuacións municipais dirixidas a facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego así coma a intermediación laboral coas empresas. Enténdese coma outra vía de entrada ao mundo laboral: unha forma de relación entre as/os demandantes e as/os oferentes.
O
Servizo Local de Emprego está situado na oficina que a Concellaría de Promoción Económica ten na rúa do Hórreo, número 100. A oficina permanece aberta ao público de luns a venres, de 9.00 h. a 14.00 h.
O teléfono de contacto é o 981 542 493. Tamén pode contactar co servizo a través do correo electrónico bolsaemprego

santiagodecompostela.org.
O Servizo Local de Emprego conta con difrentes programas adaptados ás necesidades específicas do mercado laboral.
- Proxecto Persoa: forma a persoas desempregadas en ocupacións consideradas novos xacementos de emprego, e ao mesmo tempo, cubre unha demanda social, como é a atención ás persoas maiores, enfermas, discapacitadas e a menores.
- Proxecto Crear: ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado de traballo de persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción a través do desenvolvemento de Itinerarios Persoalizados de Inserción.
- Formación para o emprego: forma a persoas desempregadas en especialidades homologadas pola Xunta de Galicia. As clases impártense no Centro de formación ocupacional de Sanxuás de Aríns.
- Programas de Cooperación.
- Equipo de Obras e Emprego Urbana Santiago Norte.